
A castaña no agosto quere arder e no setembro beber.
A horta en outono mantén ao seu dono.
A inverno chuvioso, verán abondoso.
Abril e maio, son as chaves do ano.
Agosto madura e setembro vendima as uvas.
Cando marzo maiea, maio marcea.
Dos Santos a Nadal é inverno natural.
En agosto secan os montes, e en setembro as fontes.
En outono, bota patacas e garda cedo as vacas.
Entre marzo e abril sal o cuco do cubil.
Flores en outono, fame en ano novo.
Marzo amola, abril esmola.
Marzo, espigas catro; a
bril, espigas mil.
O outono quente leva o demo no ventre.
O que en abril comeu sardiña, aínda en agosto lle pica a espiña.
Outono a chegar, porco a cebar.
San Francisco trae a vela e San Xosé a leva.
Se por marzo canta a ra, no maio xa calará.
Xaneiro chuvioso, febreiro ventoso, para un marzo florido e fermoso.
REFRÁNS REFERIDOS ÁS ESTACIÓNS