volver ao inicio

A auga de correr e a xente de falar non se pode privar.

A auga de maio non fai dano.

A auga en San Xoán tolle o viño e non dá pan.

A auga para os peixes; para os homes, viño a feixes.

A auga perde o mes, pero non perde o ano.

A auga todo lava agás a mala fama.

A bo allo, bo tallo.

A boa anada non a leva o vento nin a xeada.

Á boa fame non lle chora o dente.

A cabra con vicio da cos cornos no cu.

A cabra da miña veciña da máis leite ca miña.

A cada porco chégalle o seu San Martiño.

A cada terra, seu uso; a cada roca, seu fuso.

A cara de casar non é a de namorar.

A casa do teu irmán non vaias cada serán.

A castaña no agosto quere arder e no setembro beber.

A chuvia en febreiro fai o palleiro.

A chuvia no mes de agosto non é chuvia, é mel e mosto.

A conta do pano aprenden os xastres.

A corda creba sempre polo máis delgado.

A cruz nos peitos e o diaño nos feitos.

A cuarto vale a vaca e o que non ten non a papa.

A esa a cara gárdalle o cu.

A friaxe en febreiro, é amiga de lobo larpeiro.

A Galicia a fame ven nadando.

A galiña ben galeada e a moza ben aloumiñada.

A gana de comer fai á vella correr.

A horta en outono mantén ao seu dono.

A inverno chuvioso, verán abondoso.

A lancha rota calquera vento lle ven en contra.

A mal tempo, boa cara.

A mala veciña dá agulla sen liña.

A mellor casa é a miña, aínda que sexa pequeniña.

A moita cera fai desconfiar os santos.

A mortos e idos non hai amigos.

A muller casada ben composta quita a outros da porta.

A muller co bo marido crece coma o ovo batido.

A muller e a manteiga adóbanse para a feira.

A muller e a sardiña, a máis pequeniña.

A muller e o viño sacan ao home de tino.

A neve de febreiro, derrétea unha vella cun peido.

A neve febreiriña cómea a galiña.

A neve febreiriña, vaise axiña.

A non ter, calquera chega.

A ocasión fai o ladrón.

A ovella mansa moitos años a maman.

A pan duro dente agudo.

A pasar o río e dar diñeiro nunca sexas o primeiro.

A pedra da igrexa ouro gotexa.

A perdiz co dedo no nariz.

A pesca e a caza, na praza.

A présa e ben non hai quen.

A que o seu fillo cría, boa tea fía.

A quen Deus non lle da fillos, o demo dálle sobriños.

A quen mal queiras en preitos os vexas.

A quen non lle sobre pan, que non críe can.

A quen tes que agarimar non o fagas chorar.

A San André de Teixido vai de morto o que non foi de vivo.

A sardiña en maio que a parta un raio.

A vella, de escarmentada, pasa o río remangada.

A vello chegarás e de vello non pasarás.

A verdade fura as paredes.

A viña, tarde ou cedo, sempre dá uvas polo setembro.

Á Virxe, Salves, aos Santos, Credos e os cartos, quedos.

A visita e a lebre aos dous días fede.

A xente nova toda é boba.

Abril e maio, son as chaves do ano.

A - B - C - D - E - F - G - H - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - X

Abril frío e fornos quentes, alegría para os teus dentes.

Aceite, viño e amigo, mellor canto máis antigo.

Acórdate, sogra, de que fuches nora.

Acougue á túa beira a mala veciña o tempo que o galo dura enriba da galiña.

Adoecido abril, cando non does nas costas does nos cadrís.

Agosto e vendima non son cada día.

Agosto madura e setembro vendima as uvas.

Agosto pasou e quen mallou, mallou.

Agosto, frío no rostro.

Aí vén o mes de Nadal, non deixes o millo sen apañar.

Aínda que non durma o ollo, descansa o óso.

Alcalde, nin de balde.

Algo ten a sardiña cando lla dan ao gato.

Alí onde naces, paces.

Altas ou baixas, en abril son as Pascuas.

Amencer e anoitecer, en decembro son case á vez.

Amigo de ricachón, ou can ou cabrón.

Amigo leal faiche compaña no ben e no mal.

Amigo que non da e coitelo que non corta, que se perdan pouco importa.

Amigos que loitan por un codelo, ou a fame é moita ou o querer é pequeno.

Amigos si, pero a vaquiña polo que vale.

Amizade de xenro é sol de inverno.

Amizades as de calquera que sexa máis que un.

Amor coma o da nai, non o hai.

Amor de meniño, auga en cestiño.

Amor forasteiro, amor pasaxeiro.

Andar, andar e caer no mar.

Animal de pico non fai o dono rico.

Ano berceiro, ano merdeiro.

Ano de ameixas, ano de queixas.

Ano de amoras, ano de choras.

Ano de herba, ano de merda.

Ano de laceira, en cada esquina unha panadeira.

Ano de landras, ano de graxas.

Ano de nevadas, ano de fornadas.

Ano de noces, ano de voces.

Antes de casar débelo pensar.

Antes de rezar e cantar, mexar.

Antes de San Martiño, pan e viño; despois de San Martiño, fame e frío.

Ao amigo e o cabalo non hai que forzalo.

Ao lacón e ao touciño, tragos de viño.

Ao que bebe viño chéiralle o fociño.

Ao que non fuma nin bebe viño, o demo o leva por outro camiño.

Ao que non quere caldo, sete cuncas.

Ao seu tempo veñen as uvas e as mazás maduras.

Ao sol, sen sombreiro, nin en agosto nin en xaneiro.

Aos papeis e á muller, ata o cu lle hai que ver.

Aos ricos ata lle paren os bois.

Ara ben e fondo e collerás pan abondo.

Araduras oito e esterquiño moito.

Arco da Vella á mañanciña, prepara a capotiña.

Arde mellor a leña verde que as pedras enxoitas.

Ás amizades certas, portas abertas.

As estrelas a brillar, mariñeiros para o mar.

As madrugadas de abril sonche boas para durmir.

As medias só son boas para as pernas.

As silveiras teñen orelleiras.

Ata o corenta de maio, non te quites o saio.

Auga con vento non vale un pemento.

Auga corrente non mata á xente; auga parada está envelenada.

Auga de abril enche o carro e o carril.

Auga de tronada, nuns sitios moita, noutros nada.

Auga e leña, cada día veña.