
Unha cousiña cousa que nace no monte no monte se cría e cando chega a casa cochea as esquinas. |
Largo, largo como un camiño e goza, goza como un porquiño.
|
Unha vella cun dente chama por toda a xente. |
De belo hei de presumir; son blanco como a cal. Todos me saben abrir, ningén me sabe cerrar. |
Unha vella chea de mendos e sen ningunha puntada. |
Verde foi o meu nacimento, Amarela a miña mocedade e agora vístenme de blanco porque vánme queimar. |
Que cousiña para adiviñar é que cando vai pro monte mira para casa e cando vai para casa, mira pro monte? |
Doce monxiñas nun comedor, con cuartos e medias e zapatos non.
|
Os dedos moi separados, a roupa de mil cores. Van veloces e ordeados. Búscanos os cazadores. |
Vai ó campo e non come, vai ó río e non bebe e con só dar voces mantense. ¿Que é? |
Irmáns inseparables, soportamos un gran peso. a terra dános o seu bico, porque somos incansables. |
Sobre terra e mar encántame voar, Goleta e tamén ondina. Comezo a viaxar Cando o aire se ilumina. |
Había unha casiña verde. E nesa casiña verde había unha casiña amarela. E nesa casiña amarela había outra casiña blanca. E nesa casiña blanca un corazón tamén blanco. |
Se preguntas o meu Nome a miña inicial está en guante. E a miña segunda letra anda sempre ambulante. A terceira e a cuartaacháranse en total . Son o más listo e guapo… Pero o menos cordial. |
Son o que máis descansa E vai e vén sen cesar. Nunca me podo secar. Xamais te aburre a miña danza. En presenza ou añoranza Ti sempre me vas amar. |
A miña inicial está en ogro Pero non son violenta. A uve de victoria é a miña segunda letra. Son a mellor amiga da xente frioleira. O país onde vivo en riqueza abunda. |
¿Qué cousa ten o muiño precisa e non necesaria; non pode moer sen ela e non lle serve de nada? |
Alto ou baixo deitado ou de pé sempre está calado e non hai quen fale mellor ca el. |
Vive na montaña, dúas sílabas ten e polos dous lados o mesmo se le. |
Pucho sobre pucho, pucho colorado. |