Nicotina no Condón (NnC) naceu coma o Ave Fénix das cinzas do extinto English Theatre Group. Naceu coa vocación de facer teatro no noso idioma, o galego.
Dentro da comunidade universitaria conformouse como un grupo aberto á incorporación de todas as persoas con ilusión e ganas de contar algo.
Deste xeito formaron parte , nestes catro anos de andanza, xente de diferentes titulacións : Bioloxía, C.C.Políticas, Filoloxía, Historia, Medicina, Comunicación Audiovisual....
En Nicotina todos os compoñentes aportan algo de si mesmos e por iso, máis que un grupo, sentímonos coma unha gran familia que disfruta co teatro.