Benvidos

Cocidopedia é un lugar de encontro para todas aquelas persoas interesadas en achegarse ao apaixonante mundo do cocido, comida estrela da nosa cultura gastronómica. Mais con Cocidopedia non só pretendemos dar información sobre a preparación deste selecto prato; tamén quixemos profundizar nas súas orixes, na súa evolución histórica e nas súas propiedades culinarias.

Que significa o cocido para un galego? A que se debe a súa popularidade? Cando se comezou a preparar este prato? Cal é a parte máis popular do cocido? Nas diferentes seccións que podes ver enriba (A terra e o porco, Bo proveito e Sobremesa) atoparás as respostas a estas e moitas máis cuestións de interese sobre o famoso prato e a atmosfera que o envolve.

Premendo en cada un dos encabezados accederás a unha breve descrición do contido, e nos diferentes apartados poderás achegarte ás entrevistas e reportaxes; presentadas botando man do tradicional texto, mais tamén en formato vídeo, audio, reportaxe fotográfica…

A que esperas? Non quedes na porta! Mergúllate en Cocidopedia e comenta todo aquilo que desexes. Aquí hai cocido!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


five × 8 =

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>